Hoxe é Domingo 14 de Xullo de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Un pano granate cun escudo de fondo azul, novos símbolos do concello

RR_Noticias

O pleno de Redondela debate hoxe unha proposta da Concellería de Cultura encamiñada a regularizar o escudo e a bandeira municipal. A proposta, que foi encargada ao Seminario de Estudos Redondeláns (SEREN) contempla o cambio do fondo do escudo actual que pasaría a ser de cor azul. A bandeira consistiría nun pano de cor granate inserindo o escudo no centro.

O obxectivo é adaptar os símbolos existentes ás esixencias da Comisión heráldica da Xunta de Galicia. O SEREN foi o encargado de realizar o estudo histórico e heráldico do escudo e en base ao mesmo establece que a descrición do escudo actual non se adapta á normativa debido a que as tres veneras (cunchas) son de ouros sobre campo de prata cando a normativa establece que non poden ir dous metais xuntos. Po r este motivo a proposta e que se cambie o fondo por unha cor azul “tal e como aparece no máis antigo escudo municipal coloreado situado na cabeceira do altar da Inmaculada Concepción da Igrexia de Santiago Apóstolo gardando tamén deste xeito a concordancia da cor co azul de Galicia”.
En canto á bandeira, o SEREN parte do histórico pendón municipal e propoñen que a bandeira consista nun pano de cor granate inserindo o escudo no centro.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará