Hoxe é Sábado 20 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Máis de cen músicos subiranse ao escenario no XIX Festival de bandas de música de Chapela

RR_Noticias

O Multiusos do Piñeiral do Crego de Chapela acolle o sábado 29 ás 18.00 horas a XIX edición deste Festival coa actuación da Agrupación Musical “Lira de San Miguel De Oia” a “Unión Musical de Coruxo” e, como cada ano, a Banda de Música de Chapela como anfitrioa.

O festival, organizado pola Banda e a Escola de Música de Chapela é o único destas características que se celebra en Redondela e conta cada ano con bandas convidadas dun alto nivel  musical que reúne nun mesmo escenarios a máis de 100 músicos.
Nesta XIX edición o festival contará coas seguintes bandas convidadas: a Agrupación Musical “Lira de San Miguel De Oia” a “Unión Musical de Coruxo” e a actuación como anfitrioa da Banda de Música de Chapela.
As bandas participantes interpretarán un variado repertorio coa intención de chegar a todos os públicos, incluíndo no mesmo desde temas clásicos a temas pensados para os máis pequenos. A Banda e a Escola de Música de Chapela pretenden que este festival sexa tamén un lugar de encontro coa música, non só dos maiores senón tamén dos máis pequenos.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará