Hoxe é Domingo 8 de Decembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Os xardíns do Castelo de Soutomaior fascinan aos participantes no congreso internacional da Camelia

RR_Noticias

Na xornada de onde os 250 congresistas de 16 países reunidos en Pontevedra para analizar a historia da camelia, as técnicas de clasificación e os diferentes usos que se lle poden dar, visitaron os xardíns do castelo que contan coa peculiaridade de seren os únicos da Península con recoñecemento de Xardíns Internacional de Excelencia da Camelia.

Os congresistas non só tiveron ocasión de gozar da colección de camelias que medra nos xardíns de Soutomaior e que nestes momentos está en plena floración, senón tamén de admirar as numerosas árbores singulares que existen neste contorno.
Así, ademais da variedade e cantidade de camelias que posúe (420 plantas, entre eles 314 cultivares de camelia xapónica, 21 de camelia reticulata, 23 de camelia sasanqua e 29 híbridos) os xardíns contan con 1.085 plantas que se distribúen ao longo e ancho das 35 hectáreas de terreo do Parque Botánico e entre as que se atopan algunhas das especies máis singulares de Galicia, así como numerosas especies exóticas procedentes dos máis variados climas do mundo e que están perfectamente adaptadas a Soutomaior.
Entre as especies singulares figuran 19 camelias plantadas en 1879, entre as que figura a camelia máis voluminosa de Galicia, cunha copa de 17 metros de diámetro e 18 troncos que medran desde a base da árbore.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará