Hoxe é Sábado 27 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Música, videocreación e traballo actoral con Aurora de Elefante Elegante

RR_Noticias

A compañía teatral achega ao Multiusos da Xunqueira un musical para todos os públicos a partir dos tres anos. Presentan a obra Aurora, unha creación na que mesturan teatro de actor e videocreación co desexo de afondar na experimentación arredor das linguaxes musicais. A obbra poderase ver o domingo ás 18:00 horas.

A música conecta a acción no escenario coa acción proxectada en vídeo creando un universo máxico, cómico e misterioso que lles serve aos integrantes de Elefante Elegante para trasladar ao público un espectáculo baseado nun conto iraní no que se nos fala de sentimentos universais como a amizade ou o egoísmo. As creacións desta compañía buscan a universalidade, xurdindo da fusión de diferentes linguas: o teatro físico, a danza, as artes plásticas e as artes visuais. Aurora poderá verse o domingo ás 18:00 horas no Multiusos da Xunqueira. O prezo da entrada é de 4 euros para o público adulto, dous euros os nenos.  

María Torres Elefante Elegante
Un argumento universal
Mestura de técnicas
Música videocreación traballo actoral…

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará