Hoxe é Venres 19 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Redondela terá que abonar entre 90.000 e 130.000 euros para o plan de transporte metropolitano

RR_Noticias

O borrador da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestructuras chegou onte ao Concello de Redondela. Un informe que non establece datos concretos sobre a cantidade económica que o noso municipio terá que achegar para a implantación do plan, aínda que as cifras que se manexan establecen unha achega de entre 90.000 e 130.000 euros. Unha cifra que o edil de interior Arturo González, entenden “asumible para poñer en marcha un proxecto moi beneficioso para todos os veciños”

O concelleiro confía en que logo do achegamento entre o alcalde de Vigo Abel Caballero e a propia Xunta, se axilice a implantación deste plan de transporte e que sexa unha realidade, tal e como está previsto, no primeiro trimestre do 2015. Atendendo ás repercusións que proxectos semellantes tiveron noutras áreas metropolitanas, González salienta os beneficios que produciría a nivel económico e medio ambiental cun uso moito maior do transporte público. O sistema de funcionamento deste plan de transporte suporía unha melloría notable na mobilidade dos veciños, xa que independentemente do lugar de residencia un veciño de Redondela podería desprazarse a calquera punto de Vigo pagando un único billete que lle permitiría realizar os transbordos que necesitara sempre e cando os realiza nun período de tempo dunha hora. A primeira estimación establece que ese billete único terá un prezo de 0,86 céntimos.  

Arturo González edil de interior
As primerias estimacións falan dunha achega entre 90.000 e 130.000 euros
Un billete único
Un billete de 086 permitiría facer varios transbordos
Principios do 2015
Os prazos establecen a súa psota en marcha no primeiro ttrimestre do 2015

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará