Hoxe é Venres 29 de Marzo de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Sombras chinesas en Chapela

RR_Noticias

A axencia de lectura de Chapela organiza os venres 14 e 21 un obradoiro de sombras chinesas orientado a nenos de idades comprendidas entre 1 e 3 anos acompañados dun adulto. Unha actividades que terá lugar ás 17:30 horas con entrada de balde e que estará coordinada polo alumnado de educación infantil do instituto de Chapela.

A responsable da biblioteca de Chapela, Mª José Villar anima aos veciños a achegarse a unha actividade que non é habitual e da que poderán gozar os nenos pero tamén os maiores que os acompañen. De feito, aínda que inicialmente estea orientada a pequenos ata os 3 anos entende que os rapaces de máis idade tamén gozarán deste teatro de sombras. Por outra banda, na biblioteca de Redondela está aberto o prazo de inscrición para participar nun contacontos-obradoiro que baixo o título “Unha merenda de contos” achegará aos participantes as regras do protocolo na mesa. Unha actividade que se desenvolverá na sala infantil da biblioteca municipal o venres 21 ás 18:00 h orientada a rapaces de idades comprendidas entre os 6 e os 9 anos. Os interesados poden inscribirse xa na biblioteca, organizadora da actividade en colaboración da Fundación Filomena Rivero.  

Mª José Villar biblioteca de Chapela
Fálanos da actividades dos venres 14 e 21

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará