Hoxe é Venres 19 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Abren unha conta solidaria a favor dos veciños cuxa casa foi destruída polo lume

RR_Noticias

O Concello de Pazos de Borbén e as asociacións veciñais, sociais e culturais do municipio veñen de iniciar unha campaña solidaria en favor da familia que perdeu a súa vivenda nun incendio que se producía na noite do pasado martes. O goberno local cedeu ademais unha vivenda recen restauradas aos afectados e lle concedeu unha axuda para que poidan facer fóronte aos gastos máis inmediatos. Hai aberta unha conta na sucursal de Novagalicia Banco de Moscoso  co obxectivo de recadar cartos para esta familia.

Familiares e amigos da familia afectada polo lume que o pasado martes destruía unha vivenda na parroquia de Moscoso En pazos de Borbén fan un chamamentos a colaborar nesta campaña que ten pro obxecto recadar fondos que palíen ana medida do posible a difícil situación na que quedaron os propietarios deste inmoble.
Un edificio construído en 1880 e catalogado pro patrimonio que quedaba completamente derruída logo de que se iniciase un incendio no seu interior.
As persoas que queiran colaborar poden facelo no número IBAN ES56 2080 5049 6030 4001 1278.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará