Hoxe é Martes 20 de Outubro de 2020

Unha comisión municipal atenderá os casos de desafiuzamentos

RR_Noticias

A concelleira popular Teresa París entoa o “mea culpa” por non ter posto en marcha esta comisión con anterioridade, xa que a súa creación aprobouse por unanimidade de todos os grupos nun pleno celebrado en novembro de 2012 a petición do BNG. Xustificaba a non adhesións de Redondela ao Fondo Social de Vivendas do Estado “polos atrancos que presenta dito plan”.

A edil responsable de Servizos Sociais recoñecía “o noso erro” por non ter axilizado a creación de dita comisión na que deberían estar presentes responsables dos servizos sociais, portavoces municipais e plataformas contra os desafiuzamentos. Un asunto que se abordaba novamente na sesión de onte logo de que o PSOE presentase unha moción na que solicitaban tamén explicación de por que o concello de Redondela non se ten sumado a iniciativas como o Fondo Social de Vivenda do Estado ou ao Plan Reconduce da Xunta con obxectivo de facilitar unha vivenda a aquelas familias que teñan perdido a súa. Dende o BNG reiteraban unha vez máis a necesidade de poñer en marcha a comisión municipal por entender que é “dende a proximidade dende onde mellor se pode atender e solucionar os casos de familias que pasan pola difícil situación de ter perdido a súa vivenda pro impagos hipotecarios ou mesmo porque non poden afrontar o pago do aluguer. O voceiro de Aer, Alfonso blanco aproveitaba a súa intervención para preguntar por un proxecto municipal que contemplaba a posibilidade de converter as antigas vivendas dos mestres en vivendas sociais. Unha pregunta que quedou sen resposta.    

Teresa París PP
Pide disculpas por non ter creado a comisión aprobada en pleno
DIgna Rivas PSOE
Os oscialistas critican que non se teñan adoptado máis medidas dende o goberno local en torno aos desafiuzamentos
Cecilia Pérez BNG
Ao entender do Bloque unha comisión municipal por proximidade aos veciños sería o máis útil
Alfonso Blanco AER
Interésase por un proxecto de vivendas sociais nas antigas vivendas dos mestres

Share on facebook
Facebook
Share on twitter
Twitter
Share on linkedin
LinkedIn
Share on pinterest
Pinterest
Share on whatsapp
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *