Hoxe é Mércores 24 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O Pazos de Borbén F.S. defende a cuarta praza da liga diante do 5 Coruña F.S.

RR_Noticias

Os pupilos de Marcelo están a consolidarse como un dos equipos máis fortes do campionato de Terceira División. Logo da vitoria ante o Fuga Xove F.S. ostentan a cuarta praza do grupo, a só un punto do terceiro, o Santiago Futsal B. Esta fin de semana desprázanse a terras herculinas para enfrontarse ao 5 Coruña F.S., equipo situado no pozo da clasificación.

Os de Pazos están a demostrar que un equipo modesto pode estar entre os “grandes” da categoría. Unha situación que o delegado do club, o redondelán Mon Migueles, achaca á “maxia” deste deporte. Malia a complicada situación económica que atravesa o club, e que é compartida pola maioría dos equipos, no P. Borbén F.S. loitan por facer “o mellor xogo posible”. O feito de ser un equipo modesto dunha pequena localidade non lles impide estar “á altura dos mellores” nesta Terceira División, cun equipo “sólido” que loita todos os partidos “ata o último minuto”. Outro problema engadido é o dos desprazamentos, xa que á marxe do Leis, o Coruxo e o Bueu, a maioría dos equipos do grupo pertencen ó norte de Galicia, o que supón para os de Marcelo longas viaxes. De feito esta fin de semana teñen que desprazarse á Coruña, onde xogarán no Novo Mesoiro diante do 5 Coruña. Sobre o papel os de Pazos son moi superiores ao rival, que está afundido no penúltimo posto da táboa, pero Migueles rexeita a etiqueta de “favoritos”. O delegado lembra que nas últimas xornadas todos os equipos están a demostrar que gañar é cada vez máis difícil, polo que terán que aplicarse “a fondo”.  

Mon Migueles delegado
No club amósanse satisfeitos polos bos resultados deste equipo modesto.
5 Coruña F.S.-Pazos de Borbén F.S.
No P. Borbén rexeitan o cartel de favoritos malia superar en máis de 20 puntos ao seu próximo rival.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará