Hoxe é Venres 19 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

18 comparsas participarán no desfile do Entroido do domingo

RR_Noticias

A programación do Entroido inclúe na tarde do martes a tradicional Queima do meco a cargo da agrupación Troula, cun espectáculo de nova creación na que unha carroza de grandes dimensións irá acompañada de marionetas xigantes que percorrerán o centro da vila. Haberá tamén actividades para os cativos na Praza da Constitución e verbena coa orquestra Suavecito.

A concelleira responsable de festas, Herminda Quelle explica que o desfile das comparsas partirá ás seis da tarde dende o Campo da Feira para percorrer as rúas do casco urbano. En total 18 comparsas, das cales son 15 as que entran a concurso. Un programa no que se inclúe tamén a tradicional queima do meco, un boneco que este ano quere representar a adicción aos videoxogos e que estará exposto no balcón do concello a partir do venres. A compañía Troula será a encargada do espectáculo de animación e lume que se vivirá na tarde do martes, unha xornada na que haberá tamén animación musical e verbena coa orquestra Suavecito. Os máis pequenos poderán gozar de actividades para eles na praza da Constitución. E xa para concluír o Entroido 2014 despedirase o sábado 8 de marzo co tradicional Enterro do berete en Chapela  

Herminda Quelle Concelleira de festas
Fálanos do desfile de comparsas do domingo
Queima do meco
Un espectáculo a cargo da agrupación Troula
Enterro do Berete
Chapela vivirá o seu día grande o sabádo 8

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará