Hoxe é Venres 26 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O concello convoca unha concentración en repulsa polo último caso de violencia de xénero

RR_Noticias

O Concello mostra a súa repulsa polo caso de violencia de xénero acontecido en Vilaboa e condena toda clase de actos violentos contra as mulleres. En Redondela celebrarase ás 19:00 horas de hoxe un acto diante do edificio do Concello e gardarase un minuto de silencio no próximo pleno pola que é a segunda morte por violencia de xénero rexistrada este ano en Galicia.

Na súa loita contra a violencia de xénero, o Concello de Redondela aprobou unha moción, asinada por todos os partidos políticos que conforman a Corporación, co fin de facer reflexionar á sociedade e tratar de visualizar este problema social que nos afecta a todas e todos. Froito desta moción, colocarase un lazo violeta no balcón do Concello, na árbore Gingko Biloba e na páxina web do Concello. Ademais, convócase a toda a cidadanía a unha concentración diante do edificio do Concello este mércores 26 de febreiro ás 19.00 horas e gardarase un minuto de silencio no próximo pleno.
A violencia de xénero é un problema dunha índole que transcende xa do ámbito particular e estase a converter nunha auténtica crise social, na que todos os poderes públicos han de implicarse, ben para tratar de previr estes terribles sucesos, como para protexer e axudar a quen sofre violencia por ser muller.
Dende o goberno municipal fai un chamamento ás mulleres que están sufrindo violencia e á sociedade para que se denuncien estas situacións e acudan á Policía, aos Xulgados ou ao Centro de Información ás Mulleres para activar os recursos existentes na loita contra esta lacra.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará