Hoxe é Venres 26 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

AER solicita a comparecencia da concelleira de Facenda

RR_Noticias

A Agrupación de electores reclámalle á edil popular Ana Alonso que aclare porque asegurou no pleno dos orzamentos que no caso de non aprobárense as contas presentadas polo PP para este 2014 “perderíanse todas as subvencións nominativas como as que reciben asociacións como Lenda, Cáritas, Choco ou SAR”.

Entenden en AER que con esta afirmación a edil faltou á verdade, tendo en conta que en exercicios anteriores e cos orzamentos prorrogados a estas asociacións si se lle concederon subvencións. Unha comparecencia que está previsto se realice no pleno ordinario de febreiro convocado para este xoves ás 20:00 horas.
AER presenta tamén unha moción na que solicita que nos plenos se aborden en primeiro lugar “as mocións que versen sobre temas que son competencia do concello”. O obxectivo deste petición é evitar que por falta de tempo “queden atrás mocións que tratan integramente de temas sobre o noso concello e que se poden e deben resolver dende esta mesma institución” cando adoitan tratarse abundantes temas que son competencia doutras institucións, como o parlamento galego ou o español.
Engaden que malia a importancia destes temas para a cidadanía debería dárselle preferencia a aquelas cuestións que sí son competencia municipal.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará