Hoxe é Domingo 8 de Decembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O Fútbol Sala Redondela cae derrotado ante o Cereixa no último segundo do partido

RR_Noticias

Un partido moi irregular o disputado polos xogadores do Fútbol Sala Redondela que viron como na última xogada do encontro disputado na Bomboneira se lles escapaban os tres puntos en xogo. 3-4 foi o resultado final do partido ante o Cereixa que deixa aos de Mougán no cuarto posto da táboa. A vindeira cita, logo dunha semana de descanso levaraos ao campo do penúltimo clasificado, o San Martiño.

Cando o partido estaba empatado e o Redondela xa levaba tres minutos co porteiro xogador, na última xogada do encontro, un mal pase de Juan, era pateado por un xogador do Cereixa dende seu campo, soaba a bucina e o balón entraba na portería, ante a desolación da bancada e os xogadores locais, contrastando coa algarabía do Cereixa que levaba un botín enorme cos tres puntos.
Ao entender do adestrador, Julio Mougán o partido da fin de semana foi moi irregular, lonxe do xogo que os de Redondela amosaron na primeira volta o que fai que calquera equipo lles poida poñer as cousas difíciles.
Mougán amósase tamén crítico coa parella arbitral que “cun pésimo arbitraxe, axudou a crear tamén un ambiente tenso que fixo embarullar máis o xogo”.
Por diante unha semana sen competición que servirá para prepararse xa para o seguinte encontro ante o San Martiño, un equipo necesitado de punto xa que se atopa na penúltima praza da categoría.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará