Hoxe é Venres 26 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

A militancia de Anova decide ir con IU a Europa mentres Redondela apoia a opción nacionalista

RR_Noticias

A militancia de Anova decidiu onte en referendo acudir ás eleccións europeas nunha candidatura conxunta con Izquierda Unida por tan so 11 votos de diferencia coa segunda opción, a elixida maioritariamente en Redondela, e que pasaba porque esta formación política conformase unha fronte ampla con forzas nacionalistas de esquerda de todo o estado.

A opción dunha fronte de esquerda nacionalista foi a que obtivo maior apoio en Redondela, 23 votos fronte aos 3 militantes que apostaban por unha candidatura con Izquierda Unida. Malia ese resultado no noso concello, a proposta defendida por Xosé Manuel Beiras e que pasa por integrarse na candidatura promovida por Izquierda Unida a nivel estatal foi a escollida finalmente nun referendo no que votou o 72,44% da militancia deste partido.
A opción gañadora colleitou un total de 380 votos. Por detrás e a tan só a 11 votos de diferenza, quedou a Opción 2- a apoiada maioritariamente en Redondela- que pasaba por que Anova conformase unha fronte con forzas políticas nacionalistas de esquerda das nacións sen estado e/ou plataformas cívico-políticas da esquerda rupturista.
Un referendo que pon de manifesto a división existente nesta organización con dúas metades que contan practicamente co mesmo peso político.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará