Hoxe é Mércores 8 de Maio de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Esixen o arranxo da estrada á praia

RR_Noticias

O PSOE súmase ás demandas dos veciños e denuncia o estado de deterioro que presenta a estrada á praia da punta en Cesantes. Explican os socialistas que na actualidade o firme consolidado está a desfacerse debido á diferenza de nivel que existe coa zona de terra trala ampliación da estrada feita o pasado verán por Adif. Unha situación da que responsabilizan ao goberno local por non ter asfaltado o tramo afectado logo de que se procedese a súa ampliación.

A administradora das vías do tren, tras moitos anos de requirimentos, construíu un muro de contención na beira do camiño que supón a ampliación da estrada que finaliza no areal de A Punta, en Cesantes. Esta actuación realizouse ó longo de verán pasado e o concello só tiña que cubrir a zona de terra que quedou nunha beira con piche para aproveitar a actuación de Adif. Unha obra que os socialistas entende “sinxela” motivo polo que non entenden que seis meses despois “aínda non se cubrira” de asfalto esta zona. Engaden que debido o cambio de nivel, as choivas e a beira de terra, o firme da estrada xa existente comeza a desfacerse polo continuo tránsito de vehículos. Deste xeito engaden “o que tiña que converterse nunha ampliación da estrada é unha redución por mor da pasividade do goberno municipal e do concelleiro de Vías e Obras,  Cándido Vilaboa.
Por este motivo dende a agrupación socialista de Redondela solicitan ao goberno local que acometa esta actuación que entenden “básica para paralizar o continuo deterioro desta estrada e para evitar males maiores como un atropelo ou un accidente”.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará