Hoxe é Xoves 18 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Pazos de Borbén celebra o domingo a XIII edición da Festa da Cacheira

RR_Noticias

Unha cita gastronómica que espera recibir a tres mil persoas e na que se servirá a cacheira acompañada de grelos, chourizo e patacas. Os pregoeiros desta edición serán o dúo de humoristas Dr. Bellino e Sr. Lisardo, del programa “Luar”.

Unha cita gastronómica que adoita ter lugar o último domingo de xaneiro, pero que este ano foi posposta por mor do mal tempo segundo explicaba o concelleiro de cultura, José Angel Cerezo. O programa arrancará ás 10:30 horas coa música da charanga Vai de baile que estará acompañada tamén polo Trío D,Joselito. A unha do mediodía terá lugar a lectura do pregón a cargo do dúo de humoristas Dr. Bellino e Sr Lisardo. Nesta decimo terceira edición mantéñense os prezos de anos anteriores. Así, o prato de cacheira acompañado de grelos, patacas e chourizo custará 6 euros por persoa, coa posibilidade tamén de levalo para casa a un prezo máis económico, catro euros.  

José Angel Cerezo edil de Cultura
O concellerio de Pazos fálanos do programa do domingo
O marisco do cortello
Unha festa de exaltación do porco

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará