Hoxe é Xoves 25 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Allegro Teatro achega a Redondela a obra Ñaque o de piojos y actores

RR_Noticias

A compañía Allegro Teatro, cos actores Suso Marnu e Carlos Canas presenta a obra Ñaque o de piojos y actores o domingo 16 ás 19:30 horas no Multiusos da Xunqueira. O prezo da entrada é de 5 euros e está orientada a público adulto.

Unha obra cómica na que os actores Suso Marnu e Carlos Canas encarnan a dous actores do século XVI, Ríos e Solano, que se reencontran no día da actuación. Logo de 400 anos perdidos no tempo vannos contando os seus medos, o seu percorrido ao longo dos catro séculos nos que estiveron perdidos no tempo, o seu desconcerto… todo con moito humor, segundo nos explicaba dende a axencia promotora do evento, María Torres. Baseado nun texto de José Sanchís Sinisterra do ano 80, a compañía Allegro teatro recupera esta obra para levala novamente aos escenarios cunha parada este domingo en Redondela. Será no Multiusos da Xunqueira ás 19:30 horas cando se poida ver esta obra. As entradas custan 5 euros e poderanse retirar dúas horas antes do inicio da función no propio Multiusos.  

María Torres da promotora Kepler
Fálanos do argumento da obra

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará