Hoxe é Xoves 25 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O xadrez como ferramenta contra o fracaso escolar

RR_Noticias

Un total de 135 rapaces dos colexios públicos de Redondela participarán do programa municipal “Xadrez nas escolas” que promove o uso desta actividade como xeito de mellorar as ensinanzas de matemáticas e lingua e en xeral favorecer a socialización, creatividade e concentración dos participantes.

Os beneficios que a práctica do xadrez achega a calquera persoa que o practica son a día de hoxe indiscutibles: mellora a creatividade e a concentración, favorece que os rapaces aprendan a buscar solucións aos problemas, mellora os resultados académicos xa que está demostrado que os alumnos que teñen practicado este deporte obteñen mellores cualificacións que aqueles que non o fixeron e axuda tamén a socializarse. Conscientes destas e doutras vantaxes da súa practica, os colexios de Redondela contarán a partir do vindeiro luns cun programa pioneiro que baixo o nome de “Xadrez nas escolas” permitirá a 135 rapaces destes centros educativos achegarse a esta disciplina. Unha iniciativa que parte dende a Concellería de Ensino, cuxa titular Teresa París explicaba o amplo abano de beneficios que esperan obter a través desta ferramenta. Un programa que arranca xa este luns no colexio de Laredo en Chapela e que nace con vocación de continuidade. Neste primeira edición son 135 os rapaces que van participar destas clases e son os propios profesores os que elixen aos alumnos en funcións das súas necesidades. O sistema de traballo inclúe ademais como novidade unha serie de fichas e actividades elaboradas conxuntamente con expertos da Universidade Autónoma de Barcelona. Son actividades reais para alumnos de primaria e secundaria que se completan tamén con proxectos concretos de cara a traballar o ensino do xadrez coas matemáticas e coa linguaxe segundo explicaba o profesor do instituto pedro Floriani Miguel Angel Vidal. Un proxecto que conta tamén co apoio da European Chess Unión, cuxo delegado en Galicia Roberto Paramos asistía tamén onte a esta presentación e explicaba como naceu esta iniciativa así como o axeitado de desenvolvela nun concello como Redondela A iniciativa será presentada o vindeiro día 25 en Madrid no Ministerio de Cultural nun acto no que estará presente o ex campión de xadrez Gari Kasparov así como o alcalde de Redondela, Javier Bas quen se amosaba moi satisfeito pola posta en marcha do programa seguindo as recomendación do parlamento Europeo que aconsella o emprego do xadrez como instrumento “que serva para promovera cohesión e a integración social”. A concellería de ensino confía en que os resultados sexan satisfactorios para que a actividade se consolide nos centros educativos e lembra tamén que responde a unha demanda dos propios Consellos escolares “que pedían algunha actividade para loitar contra o fracaso escolar”.  

Teresa París edil de Ensino
Explica os beneficios desta disciiplina
135 rapaces
O proxecto nace con vocación de continuidade
Miguel Angel Vidal IES Pedro Floriani
Unidades didácticas eloradas pola Universidade de Barcelona
Roberto Paramos delegado da European Chess Unión
Explica o motivo de que a iniciativa arranque en Redondela
Javier Bas alcalde
Aplaude unha inciativa que segue as recomendacións do Parlamento europeo

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará