Hoxe é Martes 16 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Curso de xestión loxística e operación de almacenaxe en Redondela

RR_Noticias

A Concellería de xuventude convoca un curso orientado a menores de 30 anos que ten como obxectivo aprenderlles aos participantes o funcionamento xeral dun almacén. O curso arrancará o 4 de marzo e as persoas interesadas deben inscribirse antes do 25 de febreiro no departamento da OMIX no segundo andar do Multiusos. Para máis información poden chamar ao número 986 400 798.

O curso está aberto a menores de 30 anos tendo preferencia os empadroados no Concello de Redondela. En total impartiranse 210 horas de formación, das cales 135 serán de carácter teórico e 75 horas destinaranse á realización de prácticas en empresas. As clases desenvolveranse en horario de mañá de 9:00 a 14:00 horas no Multiusos a partir do 4 de marzo. Os asistentes aprenderán a organizar a recepción, preparación e saída de mercancías dun almacén, a xestión de pedidos así como a manexar as ferramentas informáticas na xestión de almacéns.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará