Hoxe é Martes 16 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Cursos de lingua galega preparatorio para as probas Celga

RR_Noticias

O Servizo de Normalización Lingüística anuncia a próxima celebración de cursos de lingua galega preparatorios para as probas dos niveis CELGA1, CELGA2, CELGA3 e CELGA4, convocados pola Secretaría Xeral de Política Lingüística. As persoas interesadas en asistir deben inscribirse antes do 21 de febreiro.

Como en anteriores edicións, o Servizo de Normalización abre o prazo de inscrición para solicitar a celebración dalgún destes cursos en Redondela. As persoas interesadas deberán facilitar os seus datos a través do teléfono 986 400300 (pedindo a comunicación co SNL) ou do correo electrónico normalizacion@redondela.es até o 21 de febreiro, que deberán incluír: nome e apelidos, DNI, teléfono e correo electrónico de contacto, e parroquia de residencia.
Estes cursos preparatorios para as probas CELGA son voluntarios e gratuítos, e desenvolveranse entre os meses de abril e maio.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará