Hoxe é Venres 19 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O ecolóxico está de moda no Viso

RR_Noticias

A Sociedade Cultural do Viso ten en marcha unha serie de cursos de cociña vexetariana e horta biolóxica que contan cunha gran demanda entre os veciños, como o demostra o feito de que as prazas para o primeiro dos obradoiros estean xa esgotadas. As persoas interesadas aínda poden inscribirse nun curso sobre cociña con cereais e nos monográficos sobre como crear e traballar unha horta biolóxica.

Dentro do programa Emprende Culturalmente, a Sociedade Cultural do viso ten xa en marcha estes cursos que se van desenvolver durante as vindeiras semanas e que teñen como obxectivo facer un achegamento a alternativas naturais, tanto no eido da cociña ocmo do cultivo da horta. Os primeiros dos obradoiros correrán a cargo de Gloria Domecq que impartirá tres cursos sobre elaboración de pans, cociña con cereais ou verduras e hortalizas de tempada. O primeiro realizarase o sábado pero as prazas están xa cubertas, si hai vacantes para o curso sobre cociña con cereais que se vai desenvolver o sábado 22. No referente á horta familiar biolóxica impartiranse catro módulos repartidos nos meses de marzo, abril e maio os sábados pola tarde. Abordaranse aspectos como a ubicación e deseño da horta, comp0ostaxe, abonos verdes, plantas medicinais e a prevención e control de pragas. Estarán impartidos por Sigrum Bischof e terán un elevado carácter práctico. O prezo dos cursos é de 10 euros. As persoas interesadas en inscribirse poden facelo no teléfono 699993885.  

Xosé Covelo Sociedade Cultural
Un programa cunha elevada demanda
Obradoiros de cociña vexetariana
Gloria Domecq será a encargada da súa impartición
Creación dunha horta ecolóxica
Dun xeito práctico aprenderase a elaborar os propios productos dun xeito eolóxico

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará