Hoxe é Domingo 13 de Outubro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O concurso de maquetas Millo Verde convoca a súa VII edición

RR_Noticias

A asociación organizadora espera superar a participación de anos anteriores, onde foron 46 as agrupacións procedentes de Galicia e Portugal que se presentaron. O prazo de presentación de traballos está aberto ata o 28 de febreiro. Toda a información pode atoparse no enderezo http://milloverde.org/

O concurso de maquetas está aberto a todos os grupos ou solistas con residencia en Galicia ou Portugal que non teñan disco editado, independentemente do seu estilo musical. Os interesados teñen que remitir ao enderezo da asociación un CD cun mínimo de tres cancións de composición propia antes do 28 de febreiro. De entre todos os presentados será un xurado elixido pola Asociación Millo Verde o encargado de facer unha criba inicial, seleccionando un mínimo de tres finalistas que participarán dunha festa concerto que terá lugar o 11 de abril. O público asistente a esa festa será o encargado de elixir cos seus votos ao gañador desta edición, que ademais de levarse os 300 euros do premio en metálico obterá o dereito a formar parte do festival Millo Verde que terá lugar os días 6 e 7 de xullo, o que supón unha oportunidade de darse a coñecer e de amosar o seu repertorio en público. Pola experiencia de anos anteriores estiman que serán preto de medio cento de grupos e solistas os que se presenten. Unhas maquetas que abordan estilos tan diversos como o rock, o punk, o Folk ou incluso Djs que envían as súas mesturas.  

Manu Pérez Millo Verde
Unha plataforma para que os grupos se dean a coñecer
Estilos variados
A organización non pecha o concurso a ningún estilo

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará