Hoxe é Venres 26 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Os nenos achéganse á maxia dos monicreques con Tanxarina

RR_Noticias

A agrupación redondelá desenvolve no Multiusos unha serie de obradoiros que durante a semana están orientados aos escolares do Concelo pero que na fin de semana abren a todos os públicos con funcións o sábado 1 ás 12.00 h e o domingo 2 ás 18.00 h. A entrada é de balde aínda que para asistir cómpre retirala no propio Multiusos dende hoxe xoves.

Un espectáculo que baixo o título Os bonecos de Tanxarina falan galego pretende o achegamento do público ao traballo das persoas que se dedican á actividade artística con monicreques e ás actividades xerais dunha compañía teatral. As sesións comezan cun percorrido pola historia da compañía redondelá como xeito de conmemorar os seus 30 anos de traballo en activo, e a continuación os seus integrantes fan unha exposición e explicación dos tipos de bonecos e as súas formas de manipulación: títeres de luva, sombras chinesas, marotes, marionetas de fíos…, que finalmente conclúe cun percorrido sensorial e visual a través de pequenas historias do seu repertorio, contadas e faladas polos propios bonecos. Unha actividade interactiva que permite aos rapaces manipular os monicreques e tamén coñecer os segredos que se agochan detrás do traballo dos titiriteiros.   Normalización Lingüística organiza esta proposta que ten por obxectivo dar apoio ao teatro de monicreques e promover o uso do galego na actividade teatral e nas actividades artísticas en xeral. O Auditorio da Xunqueira acollerá na fin de semana dúas funcións en aberto, para todas as persoas que queiran participar e todas as idades: o sábado 1 de febreiro ás 12.00 h, e o domingo 2 de febreiro ás 18.00 h. A entrada é de balde, e para asistir cómpre retirar a entrada no propio Multiusos da Xunqueira a partir do xoves 30 de xaneiro.  

Miguel Borines Tanxarina
Un completo e variado espectáculo
As curiosidades dos nenos
Un espetáculo interactivo onde os pequenos preguntan

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará