Hoxe é Martes 23 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Critican o atraso na convocatoria das axudas ao comedor escolar

RR_Noticias

O PSOE presenta no pleno de hoxe unha moción na que reclaman ao goberno local que de cara a vindeiras convocatorias se axilice os trámites co obxecto de garantir que no curso 2014-2015 a resolución das axudas para o comedor escolar cheguen antes do 1 de outubro. Critican a tardanza na convocatoria das axudas o que provocou que “no curso pasado se executaran só 5.000 dos 32.000 euros orzamentados para este fin”.

Explican dende o PSOE que no curso pasado o concello resolveu as solicitudes de acceso ao comedor escolar no terceiro trimestre do curso polo que só se executaron cinco mil dos 32.000 euros orzamentados, unha tardanza que se repetiu este ano debido a que segundo explican os socialistas “a convocatoria chega demasiado tarde cando o curso está xa comezado”. Engaden que un dos motivos é “que o goberno municipal non destina o persoal necesario para resolver os expedientes” motivo polo que ademais de solicitar que os trámites se inicien no vindeiro curso con anterioridades ao comezo do curso reclaman “que se dote de persoal de reforzo a Concellería de servizos sociais”.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará