Hoxe é Luns 14 de Outubro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Aberto o prazo para inscribirse no desfile de comparsas de Soutomaior

RR_Noticias

O desfile de comparsas terá lugar o sábado 8 de marzo con saída ás cinco da tarde da Rúa Calvario e percorrido polo casco urbano de Arcade ata a Alameda Talo Río, lugar no que se celebrará unha festa de entroido amenizada polo Trío Sevilla. Os interesados en participar no desfile deberán facer a súa inscrición antes do día 3 de marzo no Concello da localidade.

As comparsas participantes deberán gardar unha unidade temática tanto no seu vestiario como na súa actuación. Non se considerarán como comparsas con dereito á inscrición e participación aquelas que repitan o seu disfrace de anos anteriores. O número máximo de comparsas participantes no desfile é de 14 que se elixirán por rigoroso orde de solicitude de inscrición no rexistro xeral do Concello . As comparsas participantes no desfile deberán ter un mínimo de 30 compoñentes.
O desfile partirá da Rúa Calvario ás cinco da tarde do día 8 de marzo para percorrer a continuación as rúa Xosé Solla, Rosalía de Castro e remate na Alameda Talo Río onde haberá unha festa de entroido coa actuación do Trío Sevilla ata as 22:00 h.
A inscrición farase nas Oficinas do Concello de Soutomaior , a través do fax (986705333) , en horario de 9:00 h a 14:00 h. ata o día 3 de marzo de 2014. As axudas pola participación no desfile oscilarán entre os 400 euros para aquelas comparsas que superen os 40 integrantes e os 100 euros que recibirán as agrupación de entre 30 e 40 euros que non leven nin carroza nin megafonía propias. No caso de contar con estes elementos recibirán 300 euros.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará