Hoxe é Sábado 12 de Outubro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O PSOE critica que os investimentos na praza non solucionasen as pingueiras

RR_Noticias

Os socialistas lamentan que as recentes obras realizadas no mercado e nas que se investiron 170.000 euros non serviran para arranxar dous problemas que cualifican de notable importancia: o esvaradío chan da nave das froitas e as pingueiras na zona de venda de peixe.

O PsdeG­PSOE de Redondela lamenta que nas recentes obras realizadas no Mercado “o  goberno municipal non tivera a capacidade para arranxar dous problemas de notable      importancia”.
O primeiro é o esvaradío chan da nave das froitas, que está moi lonxe de ser dun material axeitado. Explican que o piso é de cemento pulido e como acabado ten unha pintura de goma que provoca que se converta nun chan esvaradío onde, con algo de humidade, os esvaróns son continuos e o risco dunha caída é constante ademais de ser de cor demasiado claro polo que a media mañá adquire un aspecto de sucidade. Aseguran que en días de choiva, esta zona é un perigo para as persoas que acceden a esta instalación municipal e tamén para os propios traballadores.
Por outra banda, no zona da venda do peixe aínda se poden atopar algunhas pingueiras. Neste lugar segundo explican procedeuse nos últimos meses a un arranxo do chan, pero non se acometeron as medidas precisas para evitar a entrada de auga polo tellado en días de choiva.
O grupo socialista critica que se investisen 170.000 euros en arranxar o mercado “e se deixan sen solucionar graves deficiencias na infraestructura” e instan ao goberno local a que as resolvan.         
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará