Hoxe é Venres 26 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O pleno debate a restricción no acceso á tarxeta verde de Vitrasa

RR_Noticias

Unha moción que chega ao pleno redondelán da man dos populares logo do anuncio do alcalde vigués, Abel Caballero de retirar o bonobús aos non empadroados na cidade. Por este motivo, solicitan ao resto dos grupos o seu apoio para lle instar a Caballero “a cesar coa súa actitude de bloqueo á implantación do Plan de transporte metropolitano” e a manter “os beneficios de uso e acceso universal da tarxeta verde para o transporte público de Vigo mentres dito transporte metropolitano non estea en funcionamento”.

Os primeiros en dar a voz de alarma foron os propios veciños de Chapela coñecedores de que van ser os principias prexudicados da medida do goberno vigués. Retirar a tarxeta verde a todos aqueles que non estean empadroados en Vigo supón que estes usuarios da liña de VITRASA que comunica Chapela coa cidade olívica terán que pagar 1,32 euros por viaxe, cando co bonobús ese ticket reducíase a 0,86.
O goberno local entenden que esta decisión “feita de xeito unilateral polo goberno vigués e sen previa comunicación aos concellos veciños” supón un importante prexuizo aos cidadáns da comarca que “sen estar empadroados na cidade de Vigo desprázanse a ela diariamente para desenvolver o seu traballo, cursas os seus estudos, acudir aos hospitais ou as diferentes administración públicas”.
Entenden tamén que a solución a este problema de comunicación quedaría resolto coa posta en marcha do plan de trasporte metropolitano “plan bloqueado polas sucesivas negativas de Caballero a súa posta en marcha”.
Por este motivo, solicitan ao resto dos grupos o seu apoio para lle instar a Caballero “a cesar coa súa actitude de bloqueo á implantación do Plan de transporte metropolitano e a manter “os beneficios de uso e acceso universal da tarxeta verde para o transporte público de Vigo mentres dito transporte metropolitano non estea en funcionamento
Reunión cos veciños
O alcalde Javier Bas, acompañado do Concelleiro de interior e o Tenente de alcalde, reunirase este martes ás 19:00 horas cos representantes da Asociación de veciños de Chapela para abordar este asunto.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará