Hoxe é Venres 26 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

PSOE e AER levan a pleno a retirada da reforma da lei do aborto

RR_Noticias

Os dous grupos políticos coinciden en presentar unha moción na que solicitan a retirada da polémica proposta de modificación na lei do aborto por entender que é discriminatoria para as mulleres e porque supón un grave retroceso de mais de trinta anos. Aseguran ademais que a súa aprobación supón o incumprimento de compromisos internacionais en materia de dereitos sexuais e reprodutivos e de liberdade das mulleres da decidir sobre a súa maternidade.

Tanto os socialistas como a Agrupación de electores recollen nas súas mocións o feito de que na nova normativa promovida polo ministro Gallardón se suprima o suposto das graves anomalías do feto “obrigando ás mulleres a asumir unha responsabilidade engadidas para o resto da súa vida, non só das mulleres senón a súa familia e ao resto da sociedade”.
Por estes e outros motivos reclaman o apoio do resto dos grupos para solicitar ao Goberno de España a retirar inmediatamente e non continuar na tramitación do Anteproxecto de lei orgánica polo que se pretende revisar a lexislación vixente en España sobre saúde sexual e reprodutiva e interrupción voluntaria do embarazo.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará