Hoxe é Sábado 20 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

A consellería de Industria confía en que as melloras na praza de abastos impulsen as ventas

RR_Noticias

O conselleiro de Economía e Industria, Francisco Conde, visitou hoxe as obras realizadas no mercado de abastos redondelán, acompañado polo alcalde Javier Bas e varios concelleiros. Salientaron que o novo pavimento, xunto coa rotulación e a iluminación da praza, fan deste espazo un lugar “máis moderno, funcional e atractivo” para a apertura de novos negocios.

Conde destacou que a mellora da competitividade do sector comercial “é unha prioridade para a Xunta”, cunha estratexia centrada no emprendemento e a innovación. A última remodelación do mercado mellorou a estrutura física e as instalacións comunitarias, conseguindo tamén reducións no consumo enerxético e na xeración de residuos, cun investimento total de máis de 170.000 euros. A Consellería leva destinado nos últimos cinco anos máis dun millón de euros ao comercio de proximidade de Redondela, apoiando a renovación das infraestruturas comerciais ou o centro comercial aberto. Agora quedan outras melloras pendentes, como a organización da zona de aparcadoiro para facilitar as compras aos usuarios da praza, e a creación na planta superior, dunha zona para a venta de produtos de agricultura ecolóxica. O obxectivo do Concello é facer da praza de abastos de Redondela “un referente” a nivel galego. O conselleiro resaltou que neste 2014 se vai continuar traballando en colaboración cos concellos na potenciación das prazas de abastos, un eido ao que se destinarán máis de 4 millóns de euros, e que permitirá seguir avanzando na súa consolidación como líderes na venda de produto fresco e de calidade, así como avanzar na posta en marcha dunha Rede Galega de Mercados de Abastos Excelentes.    

Francisco Conde conselleiro de Industria
A Xunta aposta pola modernización para impulsar o comercio de proximidade.
Javier Bas alcalde
O obxectivo do Concello é dinamizar a praza de abastos.
Un referente a nivel galego
Bas quere facer do mercado de Redondela un referente de calidade no marco galego.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará