Hoxe é Venres 19 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O BNG chama á mobilización para demandar a apertura do Centro de Día de Cesantes

RR_Noticias

Os nacionalistas consideran inaceptable que o goberno local descoñeza a data de apertura do centro asistencial e denuncian que por terceira vez o PP rexeitara no parlamento galego unha emenda aos orzamentos da Xunta presentada polo Bloque na que demandaban “unha partida de 300.000 euros para a dotación e posta en marcha deste Centro de Día”.

As declaracións feitas en Radio Redondela pola concelleira de Servizos Sociais, Teresa Paris, sobre o descoñecemento da apertura do Centro de Día de Cesantes, son valoradas moi negativamente polo BNG.
A Concellería popular explicaba en dita entrevistas que dende a súa chegada ao goberno local están a traballar para que a apertura deste Centro sexa unha realizade o antes posible e adiantaba que este mesmo ano comezarán a equiparse ás instalacións
Unhas explicacións que non convencen aos nacionalistas que entenden que “nunca foi unha prioridade do goberno de Javier Bas presionar á Xunta para a apertura desta infraestructura de carácter social”.
Por este motivo, fan un chamamento aos colectivos e asociacións veciñais para iniciar toda unha xeira de mobilizacións, por entender que “somentes a través da presión social e veciñal acadarase o obxectivo de que o Centro de Día de Cesantes sexa aberto de inmediato”.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará