Hoxe é Venres 29 de Marzo de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Bas afirma que o bonobús é unha contrapartida polo que Redondela perde en favor de Vigo

RR_Noticias

Obras como as do AVE ou a autoestrada AP-9 son infraestruturas que os veciños de Redondela teñen que “padecer” para contribuír a que Vigo sexa “unha gran cidade”. Desta maneira xustifica o alcalde redondelán a súa petición para que os veciños de Chapela poidan seguir utilizando o cartón verde de Vitrasa, logo do anuncio do rexedor vigués de retirar a subvención a todos aqueles usuarios que non estean empadroados en Vigo.

Javier Bas critica o xeito en que Abel Caballero procedeu nesta materia, cunha decisión “unilateral” pola que os non empadroados en Vigo perden o dereito a utilizar o bonobús que rebaixa o prezo do transporte público. O alcalde da cidade olívica insta á Deputación e Xunta a que se impliquen e asuman o custo do transporte metropolitano, e rexeita que deban ser os veciños de Vigo os que lle paguen cos seus impostos a subvención do cartón verde, que abarata o prezo da viaxe de 1,32 euros a 0,86. O alcalde de Redondela non comparte este razoamento, e argumenta que os veciños de Chapela e do resto de Redondela xa están pagando un alto prezo para que Vigo sexa “unha gran cidade”, ao ter que soportar no seu territorio os prexuízos de infraestruturas como a AP-9 e a liña do AVE. Ademais engade que os redondeláns que se desprazan a Vigo contribúen a activar o comercio da cidade. Para dar resposta a este conflito Bas aposta por unha “solución conxunta”, e aposta por poñer en marcha o transporte metropolitano.  

Javier Bas alcalde
O rexedor redondelán entende que Redondela está a contribuir ao desenvolvemento de Vigo.
Transporte metropolitano
Bas aposta por unha solución conxunta co transporte metropolitano.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará