Hoxe é Mércores 24 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Teatro Lúa do Sul achega a Chapela “Misericordia”, a historia da bondade e a crueldade humanas

RR_Noticias

A compañía viguesa presenta no Multiusos do Piñeiral este clásico de Benito Pérez Galdós adaptado ao teatro, pero que conserva a súa esencia orixinal. Un total de 15 actores, cunha fermosa escenografía, estarán no escenario. A cita é mañá venres, ás 20.00 horas.

Lúa do Sul conta cunha longa traxectoria teatral, xa que a compañía naceu en 1975. Esta obra, “Misericordia”, leva dous anos en cartel, e foi precisamente no Multiusos da Xunqueira, en Redondela, onde a estrearon en outubro de 2011. Agora volven a este municipio, neste caso a Chapela, para ofrecer ao público esta versión do clásico de Galdós no que se misturan fantasía e verdade, soño e realidade, e onde se dan cita as grandezas e as miserias humanas. Esta montaxe é un impresionante fresco que o Grupo ten adaptado ao Vigo de principios do século XX. Darío Álvarez, portavoz do grupo, salienta a fermosa escenografía da obra, na que participan ata quince actores, moitos deles veteranos da compañía e outros recentemente incorporados ao mundo do teatro. A cita é mañá venres, ás 20.00 horas. As entradas custan 4 euros para o público en xeral, 2 euros para estudantes e xubilados.  

Darío Álvarez de Teatro do Sul
A compañía pon en escea o clásico de Galdós unha obra adaptada pero que é fiel ao texto do autor.
Actores e escenografía
No esceario estarán actores veteranos con outros que acaban de sumarse á compañía.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará