Hoxe é Xoves 25 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O Grumir de Redondela recomenda evitar os desprazamentos innecesarios ante o novo temporal

RR_Noticias

O novo ano 2014 chegou da mesma maneira que se despedía o 2013, con fortes refachos de vento e intensas chuvias. Ante a previsión de que na noite de mañá venres entre outro temporal polo litoral galego, o Grumir de Redondela recomenda aos veciños que eviten os desprazamentos polas estradas, sempre que non sexan imprescindibles.

Estas festas de Nadal están a establecer marcas históricas no que ao mal tempo se refire. A pasada Noiteboa o temporal denominado “cicloxénese explosiva” deixou en Redondela árbores caídas, colectores desprazados e cortes de luz. Os efectivos do Grupo Municipal de Intervención Rápida realizou un total de 14 actuacións, aínda que afortunadamente só se produciron danos materias. Diego Lago, membro do Grumir, fai balance do pasado 2013, onde o máis salientable son os incendios, tanto forestais como urbanos, e os accidentes de tráfico. Houbo varios feridos nas estradas de Redondela, e unha vítima mortal.  

Diego Lago Grumir
Desde o servizo de emerxencias recomendan evitar os desprazamentos por estrada.
Balance 2013
O 2013 remata con temporais logo dun ano marcado polos incendios e os accidentes.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará