Hoxe é Venres 19 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Deputación e Concello asinan un convenio para a mellora da estrada que une Os Valos-Guizán

RR_Noticias

Os veciños de Vilar de Infesta están de parabéns, porque a chegada do novo ano 2014 trae consigo un acordo entre o Concello de Redondela e a Deputación de Pontevedra para anchear e mellorar a E.P.2906. Unha reivindicación histórica desta parroquia, xa que se trata dunha estrada perigosa, estreita e sen beirarrúas, cunha elevada densidade de tráfico pesado.

O presidente do ente provincial, Rafael Louzán, visitou Redondela para asinar o acordo co alcalde, Javier Bas. As obras contan cun orzamento de 1,2 millóns de euros, dos que o Concello achega 200.000. O presidente da Deputación salientou tamén a colaboración dos veciños, que xa se amosaron dispostos a ceder os terreos necesarios para a ampliación. Louzán explicou que, se hai colaboración por parte dos propietarios afectados, as obras poderían licitarse no mes de febreiro, e estar rematadas no prazo de oito meses. O alcalde quixo agradecer a colaboración da Deputación para facer posible estes traballos longamente demandados, especialmente no actual contexto de recortes orzamentarios. Tamén manifestou a súa satisfacción con este acordo o presidente da Asociación de Veciños de Vilar, Eduardo Rodríguez, que agradece a colaboración das dúas administración e dos propietarios. Rodríguez Loureiro sinala que coa ampliación mellorará a calidade de vida dos veciños, xa que se trata dun vial “con moitas carencias.” Campo de fútbol de Santa Mariña O presidente da Deputación aproveitou a súa viaxe a Redondela para visitar tamén as obras do campo de fútbol de Santa Mariña, que nesta última fase están financiadas con 600.000 euros do ente provincial. Louzán achegouse tamén á Escola de Música de Chapela, situada nos baixos do pavillón da parroquia, unhas obras financiadas tamén pola Deputación, que vén de dotar de novo mobiliario as instalacións.

Rafael Louzán presidente da Deputación
O convenio é froito da colaboración entre o Concello a Deputación e os veciños.
Javier Bas alcalde
O rexedor local salienta o esforzo do concelleiro de Vías e Obras e dos veciños da parroquia.
Eduardo Rodríguez presidente da AA.VV.
Os veciños están moi satisfeitos con este acordo co que conseguirán mellorar unha estrada moi perigosa.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará