Hoxe é Luns 14 de Outubro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Presentan en Redondela as cartas que un recluso de San Simón escribiu antes de ser fusilado

RR_Noticias

A Casa da Torre acolle este xoves 2 ás 20:00 horas un acto no que se presentarán as 40 cartas escritas por José Mejuto Bernárdez nos anos 1936 e 1937. Intervirán o presidente da RAG Xesús Alonso Montero, a profesora da Universidade da Coruña, Olivia Rodríguez González e a neta do autor das cartas, Ana Paula Mejuto.

O concelleiro de Cultura, Julio Alonso será o encargado de presentar este acto no que se darán a coñecer as cartas deste cangués represaliado que a súa familia donou á Real Academia Galega. José Mejuto Bernárdez escribiu ata 40 misivas nos dous anos nos que estivo no penal de San Simón ata que foi executado en xullo de 1937 cando tiña so 30 anos de idade.
“Cuando seáis mayores y hagáis una visita a esta isla, no como yo la he hecho a la fuerza y con las manos atadas, sino en plena libetad, recordad que allí ha estado vuestro padre, que cada rincón de la isla es un recuerdo mío, que aquellos mirtos que forman un paseo era lugar predilecto mío y en el que me entregaba a mis meditaciones, que en él pasaba la mayor parte de las horas del día acariciando la esperanza de algún día ser libre para llevar a mi hogar la alegría perdida y volver a ser para vosotros y vivir para vosotros”. Estas liñas son algunhas das escritas por José Mejutoá súa familia desde o penal no que permaneceu entre o 1936 e 1927. As cartas foron entregadas por unha das súas netas á Real Academia Galega para o seu estudo e conservación e serán presentadas nun acto que se celebra este xoves na Casa da Torre.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará