Hoxe é Venres 29 de Marzo de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O BNG critica a “improvisación” na convocatoria das Ludotecas de Nadal

RR_Noticias

Lamentan que o período de inscrición para participar neste programa de conciliación laboral e familiar durante as vacacións de Nadal fora de tan só tres días. Aseguran ademais dende o Bloque que nun primeiro momento o goberno local “pretendía cobrarlle ás familias unha taxa por estas actividades” e engaden que “foi a contestación social o que os levou a eliminar este requisito das bases”.

O período de inscrición das Ludotecas de Nadal iniciouse o luns 16 e rematou o xoves 19 feito que, segundo expresou o concelleiro nacionalista Xoán Carlos González “reflexan a improvisación do goberno dirixido por Javier Bas”.
Critican que as bases se publicitaran poucos días antes e que mesmo a información chegara aos escolares a partir do martes 17  oqeu supuxo que “moitas familias tiveran que presentar as solicitudes para os rapaces e rapazas con moita precipitación.
Entenden no BNG que goberno local “funciona a impulsos e sen criterio” e poñen como exemplo que nun primeiro momento se “pretendese que foran as familias as que soportaran o custe total das Ludotecas, sendo a contestación social o que forzou a que se eliminara este requisito das bases”.
Recorda finalmente González que o BNG “foi a única forza política que se opuxo á aprobación da Ordenanza que grava a participación en actividades organizadas polo Concello, por ser unha ordenanza inxusta e discriminatoria”.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará