Hoxe é Sábado 20 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

A Rondalla de Redondela e o Circo de pulgas ofrecen dous concertos a favor de Lenda

RR_Noticias

O Multiusos da Xunqueira acolle este venres dúas funcións, ás 20:00 e as 22:00 horas con actuación das agrupacións A Rondalla de Redondela e o grupo Circo de Pulgas. O prezo das entradas é de 5 euros, cantidade que será entregada á Asociación de familiares de persoas con enfermidade mental Lenda.

O festival solidario a favor de Lenda terá lugar este venres día 20 e nesta ocasión actuarán dáus agrupación ben coñecidas na vila, A Rondalla de Redondela, integrada por 25 voces masculinas e o grupo Circo de Pulgas. Ante as previsións de que o auditorio se quedara pequeno para acoller a todo o público decidiron facer dúas funcións, a primeira ás 20:00 horas e a segunda ás dez da noite. As entradas, cuxo prezo é de 5 euros, pódense retirar xa en Lenda, no Café da Vila ou directamente no Multiusos da Xunqueira.  

Jaime Figueroa Lenda
Fálanos dos concertos do vernes 20

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará