Hoxe é Venres 29 de Marzo de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Do Apalpador aos Reis en Saxamonde

RR_Noticias

O Centro Social Deportivo e Cultural “Chan das Pipas” de Saxamonde ten preparada unha programación de Nadal para todos os públicos que arranca este mesmo domingo coa visita do Apalpador ás 18:00 horas que baixará das montañas para agasallar aos cativos que se acheguen ao Centro Cultural.
 

Xa na vindeira semana o sábado 28 de decembro organizan unha visita ao Museo Liste de Vigo para asistir asistir a un obradoiro de instrumentos e visitar o museo con guía. A actividade é gratuíta e o desprazamento ata Vigo será en coches particulares. As persoas interesadas en asistir, terán que apuntarse no Centro Cultural.
O luns 30 haberá cinema infantil cunha sesión que comeza ás 18.00 e fará gozar a pequenos e maiores. Ademias este Nadal, o Centro Cultural reforza os Cantos de Reis organizando un ano máis ensaios para que os máis pequenos e pequenas canten panxoliñas pola parroquia. Os ensaios serán os días 27 de decembro e 4 de xaneiro ás 18:00 horas e a saída será o domingo 5 de xaneiro de mañá pola parroquia
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará