Hoxe é Sábado 12 de Outubro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O instituto de Chapela “tritura” a LOMCE

RR_Noticias

Alumnado e profesorado do Instituto de Chapela protagonizaron na mañá de hoxe un acto simbólico para amosar o seu rexeitamento á coñecida como Lei Wert. O acto consistiu en destruír a LOMCE nunha trituradora ao berro de “Esa lei conservadora métea na trituradora”. Durante toda a semana recollerán sinaturas que serán enviadas ao Conselleiro de Educación Jesús Vázquez.

O IES de Chapela celebraba na mañá de hoxe mércores un acto contra a Lei LOMCE no vestíbulo de entrada do centro educativo. Un acto que consistiu na lectura de manifestos, a realización de fotografías con carteis Antilomce e a “trituración simbólica” da nova normativa. Posteriormente tres alumnas, representando ao ministro Wert meteron na trituradora as palabras “igualdade”, “realidade galega” e “Consello Escolar”.
A Xunta de delegados do IES de Chapela acordou a celebración deste acto coincidindo cos que está a levar a cabo a Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público titulado Incineración contra a LOMCE e que tiña lugar diante da Consellería de Educación na xornada de hoxe.
O obxectivo deste acto e que a comunidade educativa do IES Chapela mostre o seu rexeitamento á coñecida como Lei Wert.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará