Hoxe é Mércores 24 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O Club Balonmán Chapela organiza o II Torneo de Nadal “Memorial Gerardo Méndez”

RR_Noticias

Este nadal o Club Balonman Chapela organizará por segundo ano consecutivo o seu torneo de Nadal para categorías base. Celébrase do 26 ao 29 de decembro, e participarán as categorías Benjamín mixto, Alevín mixto e infantil, tanto masculino como feminino. No torneo enfrontaranse os equipos do Chapela e tamén da SAR, Seis do Nadal e Moaña.

Desde o club salientan que este ano o torneo dedicarase “á memoria do gran amigo e adestrador Gerardo Méndez”, falecido en xaneiro deste ano. Ademais no torneo poderase gozar de dous partidos sénior de exhibición, un o sábado día 28 entre veteranos, e o domingo 29 un partido entre antigas xogadoras do club. Serán catro xornadas de balonmán en horario de mañá e tarde, e a competición desenvolverase nunha liga a unha soa volta de todos contra todos. O club espera contar coa participación de máis de douscentos nenos nestes días dedicados ao balonmán, e porán “todo o seu esforzo” para repetir o éxito da pasada edición. Para a realización do mesmo o club conta coa colaboración de xogadores de categorías superiores así como con varios adestradores do club.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará