Hoxe é Sábado 7 de Decembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

José Antonio Gómez presenta a súa dimisión como presidente da Asociación de Empresarios

RR_Noticias

A renuncia ao cargo farase efectiva o 15 de xaneiro tal e como así se acordou nunha reunión da Xunta directiva celebrada na tarde noite de onte. A partir desa data quedará aberto o proceso electoral coa apertura do prazo para a presentación de candidaturas ata o 31 de xaneiro. As eleccións para elixir ao novo responsable dos empresarios será o 6 de febreiro.

José Antonio Gómez deixa o cargo tan só un mes despois de que fora reelixido como presidente da Asociación de empresarios. Logo de doce anos ao fronte do colectivo a súa renuncia fíxose efectiva nunha reunión da Xunta Directiva celebrada onte.
Gómez xa anunciara a semana pasada a súa decisión de poñer o cargo a disposición da Xunta Directiva logo de que así llelo solicitasen reiteradamente os comerciantes, reunidos para debater o proxecto de urbanización de Canabal. Os asociados entendían que a súa posición como integrante da empresa Unión Comercial de Redondela, promotora do proxecto de urbanización da parcela de 36.320 metros cadrados na que se inclúe a construcción dun centro comercial, 17 vivendas unifamiliares, unha estación de autobuses, un hotel e zonas verdes, era incompatible co seu cargo de presidente da Asociación de empresario “por existir un claro conflito de intereses”.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará