Hoxe é Martes 16 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

“As Veias Abertas da Humanidade” no Multiusos

RR_Noticias

A compañía de teatro Art,Imagem de Porto presenta este mércores ás 20:30 horas no Multiusos da Xunqueira o espectáculo “As Veias Abertas da Humanidade – Memórias de Amor e Guerra”  baseado en textos de Eduardo Galeano. Unha actividade organizada polo Colectivo Republicano de Redondela e Anova. O prezo da entrada é de 5 euros.

Baixo a dirección de José Leitão este espectáculo está baseado na obra do escritor, xornalistas e pensador uruguaio Eduardo Galeano, autor de “Las venas abiertas de América Latina”. Co obxectivo de dar a coñecer a obra de Galeano e botando man de recursos da arte teatral conséguese “trasladar a escena textos que orixinalmente poderían ser non teatrais”. Dende a organización Eduardo Rodríguez Cunha “Tatán” anima aos veciños a participar do espectáculo e a facer un “esforzo intelectual para tamén achegarnos ao teatro feito en Portugal e en portugués”.  

Tatán de Tanxarina
Como coñecedor do grupo fálanos do interese en trasladar a escena os textos de Galeano
Esforzo intelectual
Achegarnos ao teatro portugués

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará