Hoxe é Venres 26 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Multideporte, obradoiros e diversión no VII Campus de Nadal do F.S. Redondela

RR_Noticias

Será os días 30 e 31 de decembro, e o 2 e 3 de xaneiro. Catro xornadas de deporte, convivencia e actividades culturais dirixido a rapaces e rapazas de 7 a 12 anos de idade. Este ano ás habituais disciplinas de natación, balonmán e fútbol sala, engádese tamén o baloncesto. Unha sesión de artes marciais, obradoiros de Nadal e Maxia, e unha visita a Protección Civil completan a oferta.

A dirección do Campus, a cargo de Julio Mougán, segue apostando pola mesma idea, o deporte enfocado dende un punto de vista “multidisciplinar”, onde todos os participantes practican as distintas disciplinas da man dos clubs locais F.S. Redondela, SAR, Club Baloncesto Redondela e Club Naútico Redondela. A todo isto hai que engadirlle unha clase de Artes Marciais a cargo do ximnasio Do-Yang, sesións de aeróbic e predeporte, unha visita de Protección Civil para fomentar a concienciación social dos nenos, e dous obradoiros. Realizaranse o venres, como fin de festa, coa participación nun taller de Nadal na Casa da Torre e outro de Maxia no Multiusos da Xunqueira, dentro da programación cultural do Concello para estas festas. O prazo de matrícula está aberto ata o 27 de decembro, e o prezo é de 40 euros para os socios do F.S. Redondela e 45 euros para o resto de participantes. O horario das actividades é de 9.30 a 13.30 horas, excepto o venres, que se prolongarán ata as 20.00 horas. Os interesados en facer a súa inscrición poden dirixirse a calquera dos clubs participantes ou informarse no teléfono 676.282.722 ou a través do enderezo electrónico f.s.redondela@hotmail.es Radio Redondela sortea unha praza para o Campus Os interesados en participar neste Campus Multideporte poden gañar unha praza completamente de balde a través da Radio Municipal de Redondela. Tan só teñen que responder a unha pregunta: Como se chama a mascota do F.S. Redondela? Poden enviar as súas respostas ao enderezo electrónico radioredondela@hotmail.com, deixando os seus datos de contacto, ou chamar ao teléfono 986.408.139. Entre todos os acertantes sortearase unha praza para o Campus. A data límite é o 27 de decembro.

Julio Mougán director do Campus
O responsable do Campus fálanos das actividades que realizarán os rapaces.
Participación das familias
Os nenos non son os únicos que disfrutan do Campus Multideporte.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará