Hoxe é Sábado 27 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O “Nadal con Simona” achega o programa de conciliación municipal a once parroquias

RR_Noticias

Os rapaces de idades comprendidas entre os 4 e os 14 anos poderán participar deste programa na quincena do 23 de decembro ao 3 de xaneiro. As actividades desenvolveranse n horario de 9:30 a 13:30 e para participar é preciso presentar a ficha de solicitude no Rexistro Xeral do Concello de Redondela antes do xoves día 19.

Organizado pola Concellería de Servizos Sociais, Muller e igualdade os principais obxectivos desta actividade son fomentar e favorecer a conciliación familiar e laboral  durante estas vacacións de Nadal e incidir e participar no desenvolvemento integral da infancia a través do xogo coeducativo, dando especial importancia á igualdade, á convivencia, ao respecto, á solidariedade ou á creatividade, entre outros.
Este Programa, ao que hai que inscribirse previamente, ofértase para nenas e nenos de 4 a 14 anos, cuxa nai ou pai teña unha antigüidade no empadroamento no concello de Redondela de como mínimo 1 ano. As actividades desenvolveranse os días 23, 24, 26, 27, 30 e 31 de decembro e 2 e 3 de xaneiro de 2014 nos centros culturais de Cabeiro, Cedeira, Cesantes, Saxamonde e Vilar de Infesta, na asociación cultural de Cidadelle en Chapela, nas asociacións de veciños de Negros e O Viso, na Sociedade labrego cultural de Reboreda, na Asociación deportivo cultural Miñoteira de Ventosela e nos Multiusos de Redondela e Chapela.
Esta convocatoria conta cun total de 225 prazas, que serán adxudicadas por rigoroso orde de entrada da Ficha de inscrición no Rexistro Xeral do Concello, reservando 12 prazas para menores con necesidades educativas especiais, que contarán con persoal profesional especializado.
Para poder participar é preciso presentar a ficha de solicitude de participación no Rexistro Xeral do Concello de Redondela, seguíndose para a elaboración das listaxes de participación rigoroso orde de inscrición segundo número de entrada no Rexistro. A ficha de inscrición pode descargarse da páxina web do Concello ou recollela nas oficinas do Centro de Información ás Mulleres (CIM) en Redondela e Chapela.
O prazo de inscrición remata o xoves 19 de decembro.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará