Hoxe é Venres 26 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Contundente vitoria do Redondela Fútbol Sala ante o Abetos

RR_Noticias

Os de Julio Mougán venceron por 0-4 ao colista nun partido disputado en Gondomar. Situados no segundo posto da clasificación e a tan só un partido para que remate a primeira volta, os de Redondela poderían finalizar o ano cus números que non se lembran. O último partido do ano será na Bomboneira o sábado ante o Pandiña de Moaña.
 

Novamente nunha gran segunda metade, o Redondela lograba a vitoria ante o colista por un claro 0-4. Os primeiros vinte minutos os de Gondomar practicaron un encontro moi físico e intenso o que dificultou o xogo dos visitantes, que non se sentiron cómodos. Juan nunha acción individual daría unha mínima vantaxe aos seus chegándose ao descanso cun 0-1 no marcador.
A segunda metade lembrou ó anterior desprazamento Ás Neves, levando os redondeláns o partido o seu terreo e dominando o encontro na que non concederon practicamente nin ocasións ó SD Abetos. Juan firmaría dous tantos máis e Borja tamén sumaría para o definitivo 0-4.
Na vindeira semana os choqueiros poden finalizar o ano cuns números que non se recordan dende fai moito tempo, para iso deberán vencer ó Pandiña de Moaña.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará