Hoxe é Venres 26 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Fin de semana para esquecer no balonmán local

RR_Noticias

Nin o Solla&Cía Chapela nin a SAR lograron apañar algún punto nos encontros disputados o pasado sábado. En División de honra prata o Chapela deixaba escapar o partido ante o Barakaldo no último minuto de xogo nun encontro que remataba co resultado de 31-32. Máis contundente a derrota sufrida polo Plastic Omnium que caía ante o Calvo Xiria por 27-19.

Dolorosa derrota a encaixada esta fin de semana polo Solla&Cía ante o Barakaldo, que no último minuto de partido lograba a vitoria. Un encontro moi parello xa que durante boa parte do encontro disputado en Chapela o marcador mantiña a igualdade, de feito a vintedous segundo do final o marcador amosaba un empate a 31 goles. Unha igualdade que resolvían os vascos cun gol no último segundo levándose así os puntos do partido.
Chapela cae á decimocuarta posición e medirá as súas forzas ante Ereintza, outro equipo moi necesitado de puntos xa que é colista da categoría.
En primeira nacional a Sar sufría unha contundente derrota ante o Calvo Xiria nun encontro que remataba co resultado de 27-19. Último partido desta primeira volta que comezará o 2014 cunha cita a priori máis doada para os de Diego Lorenzo xa que malia xogar fora da casa farano contra o pechacancelas do grupo, o Pabellón.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará