Hoxe é Mércores 24 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Obradoiros de Nadal en Chapela

RR_Noticias

A Alameda de Chapela acollerá un obradoiro de Nadal no que os máis pequenos da parroquia poderán gozar de actividade variadas. A presentación tivo lugar nun encontro que o alcalde Javier Bas e as Concelleira de Participación Cidadá e Ensino mantiveron co alumnado de primaria dos colexios da parroquia.

As actividades previstas dentro destes Obradoiros de Nadal, organizados pola Concellería de Participación cidadá e impartidos polo alumnado dos obradoiros de emprego, desenvolveranse os día 26, 27 e 30 de decembro así como o 2 e 3 de Xaneiro en horario de mañá de 10:00 a 14:00 horas.
Durante esas cinco xornadas os rapaces poderán gozar de obradoiros de manualidades, xogos populares, globoflexia, obradoiros de coiro e adornos de Nadal. Haberá tamén un espazo de xogos e música ademais de inchables. Con esta actividade quérese favorecer que os pais e nais poidan facer as súas compras propias  destas datas con tranquilidade contando cun lugar no que deixar aos rapaces.
A Concelleira de Participación Cidadá, Herminda Quelle explico que “esta é a primeira vez que Chapela contará cun obradoiro de Nadal co obxectivo de fomentar tamén a actividade comercial nesta parroquia e facer que os mais pequenos conten con actividades nestas datas tan entrañables”.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará