Hoxe é Luns 11 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Un Choco moi efectivo leva o derbi contra o Rápido

RR_Noticias

O Choco demostrou ter toda a pegada da que careceu o Rápido ao longo dos 90 minutos de partido. Os de Jacobo Montes gañaron por 0-2 no Baltasar Pujales, unha vitoria que lles permite seguir imparables cara a parte alta da táboa no seu regreso a Terceira División.

Terceira División
Rápido 0-2 Choco
Os locais chegaron máis á área contraria e mesmo tiveron algunha ocasión clara, pero non chegou o gol. Foi o Choco o que soubo aproveitar as súas oportunidades e demostrou unha gran definición. Non lles fixo falta moito aos de Jacobo Montes, que onte optou por reservar a Pablo Couñago, para adiantarse no marcador. Unha falta lateral que Albert colocou na escuadra, como fixo hai unha semana ante o Alondras. Era o minuto 32 e con eses resultado chegaron ao descanso. O Rápido buscou a reacción na segunda metade, pero o Choco xa se asentou, gañou a medular, e comezou a xerar perigo pola banda dereita. Yerai lanzou dúas veces e forzou dúas faltas. A segunda púxoa Caloi para a chegada de Lucas nun despiste xeral da defensa local e fixo subir o segundo gol ao marcador no minuto 69. Tres puntos que deixan aos redondeláns na parte alta da táboa, xa son 4º, posto que lle dá opcións a disputar a fase de ascenso a Segunda B. Agora céntranse en preparar o partido que xogan o domingo en Santa Mariña co Deportivo B, que é 10º do grupo.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará