Hoxe é Luns 9 de Decembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O BNG propón o soterramento das liñas de alta tensión en Monte Penide

RR_Noticias

Os nacionalistas presentaron unha moción aos orzamentos da Xunta para que se destinaran 150.000 euros a este fin. Entenden que esta medida repercutiría positivamente na posta en valor dos xacementos arqueolóxicos por supoñer “estas liñas do tendido eléctrico un enorme impacto visual e físico nos diversos roteiros que atravesan o Monte”. Lembran que a instalación das mesmas no seu momento “mesmo supuxo o esgazamento dalgúns petroglifos”.

O BNG de Redondela aplaude a posta en marcha do Museo Virtual Monte Penide (Monte Mirallo) así como o traballo de catalogación, recollida de información, sinalización e difusión que supón poñer en valor os restos arqueolóxicos de Monte Penide cuxa antigüidade remóntanse a hai máis de 6.000 anos.
Con todo, dende a organización nacionalista ven con preocupación o negativo impacto que sofre este espazo por mor das liñas de alta e media tensión instaladas por Unión Fenosa hai xa varias décadas e que supoñen “un enorme impacto visual e físico nos diversos roteiros que atravesan o Monte”. Engaden que a instalación das mesmas no seu momento mesmo supuxo un esgazamento dalgúns petróglifos.
Apuntan dende o BNG que no camiño de continuar na recuperación de Monte Penide se proceda ao soterramento das liñas tanto de alta como de media tensión motivo polo que solicitaron nunha das emendas dos orzamentos da Xunta unha partida de 100.000 euros para esta actuación.
Suxiren tamén que sería positivo que a Consellaría negocie con Unión Fenosa-Gas Natural, para que colabore na recuperación deste espazo.
Dende o BNG agardan que o Partido Popular apoie a demanda de dotación orzamentaria para que se realicen uns traballos que cualifican de “necesarios” para mellorar a situación dos restos prehistóricos de Monte Penide-Monte Mirallo.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará