Hoxe é Xoves 28 de Marzo de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Detido por superar a taxa de alcol ao volante no día do seu aniversario

RR_Noticias

Un veciño de Chapela foi detido na madrugada de hoxe cando circulaba pola praza de Ribadavia e foi sorprendido por un control rutineiro da policía local. O home de 50 anos de idade e que conducía un Renault Megane, deu positivo na proba de alcoholemia polo que foi detido e posto a disposición xudicial.

Os feitos producíanse ás 2:25 horas da madrugada de hoxe cando este home R.A.G. veciño de Chapela e de 50 anos de idade era sorprendido por un control rutineiro de alcoholemia que os axentes da Policía Local estaban a realizar na praza de Ribadavia.
O condutor superaba en máis do dobre a taxa de alcol permitida ao volante. Dáse a circunstancia de que na xornada de onte este home celebraba o seu 50 aniversario.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará